Saturday 18 de May de 2024

O 70% das mulleres que participaron nos Obradoiros de Empleo de 2012 e 2013 seguen traballando


O programa que convocou en Cambre durante os tres últimos anos a Consellería de Traballo e Benestar priorizou a Atención Sociosanitaria

O goberno local destaca a incorporación ao mercado laboral das mulleres que tomaron parte nos obradoiros de Emprego orientado á Atención Sociosanitaria, organizado polo Concello e financiado pola Xunta de Galicia, e que tiveron lugar en 2012 e 2013. E é que dos 46 alumnos, na súa práctica totalidade mulleres con dificultades de inserción laboral, continúan traballando o sector 27, preto do 70%. Segundo o alcalde, Manuel Rivas, os datos son esperanzadores tendo en conta a crise económica e demostran que este tipo de políticas de emprego son efectivas e “é noso deber seguir apostando por elas, xuntando formación e práctica encamiñada ás necesidades das empresas e ás demandas dos cidadáns. Segundo os datos que manexan os técnicos de Emprego do Concello de Cambre, o 70% das persoas que participaron nos mencionados obradoiros de Atención Sociosanitaria están a traballar a día de hoxe. E ademais, desas persoas que encontraron traballo máis do 80% fixérono neste sector que se abordou no taller de emprego. Os dous Obradoiros de Emprego (2012 e 2013) que concedeu a Consellería de Traballo tiñan como fin formar e empregar durante seis meses 25 e 21 desempregadas respectivamente, especialmente aos maiores de 25 anos, que se encontran con importantes dificultades para acceder ao mercado laboral. Desas 46 desempregadas, 27 mulleres non só encontraron emprego se non que o mantiveron no tempo. “As cifras demostran que as mulleres cambresas aproveitaron o taller de emprego. Demostraron unha gran capacidade e actitude, reflícteno os datos de inserción que bota o obradoiro”.
Nestes momentos ten lugar o terceiro obradoiro de Emprego destas características grazas, por terceira vez consecutiva, á importante subvención da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia. Rivas espera que os 22 alumnos que cursan agora o taller obteñan o mesmo éxito que o dos dous anteriores. Así, a intención do grupo de goberno cambrés que os alumnos se formen nunha actividade que nestes momentos ten moita demanda como é a atención sociosanitaria a persoas nos centros especializados de atención a persoas como unha válida alternativa laboral. O actual Obradoiro de Emprego rematará esta primavera, e o concello xa formalizou convenios de colaboración con varias entidades relacionadas co sector sociosanitario para que leven a cabo a súa formación práctica.